Vigo

Avisos para os cidadáns
  1. Festividade de San Martin de Porres (4/11/2015)

    Comunícase que co gallo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores do Servizo de Recollida de Residuos e Limpeza viaria, a celebrar dende as 6 horas do próximo mercores día 04 de novembro ata as 06:00 horas do xoves 5 de novembro, non se prestará o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos nin o de limpeza na cidade de Vigo. Rogámoslles desculpen as molestias que con motivo de dita festividade poidan ocasionarse.
  2. Suspensión da actividade do mercadillo de A Bouza do 28 de outubro de 2015

    Decreto
  3. Peche temporal da Biblioteca Pública Juan Compañel

    Infórmase que a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, o sábado 31 de outubro, debido aos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O martes día 3 de novembro, a partir das 12 horas, a biblioteca xa funcionará con normalidade.
  4. Aprovación provisional ordenanzas fiscais e prezos públicos 2016

    O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 28 de setembro de 2015, adoptou, entre outros, os seguintes acordos de aprobación provisional.
  5. Programación de cursos da Concellería de Xuventude

    Programación xuvenil setembro - decembro 2015
  6. Autorización municipal do servizo de transporte escolar curso 2015-2016

    Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a autorización municipal do servizo de transporte escolar curso 2015-2016. Máis información
  7. Cámbio hora proxección dentro do Ciclo de Cine ao Aire Libre "Emerxencias"

    Infórmase, que a proxección prevista na Praza do Abanico (rúa San Sebastián, 8 - Casco Vello Alto) para o venres 28 de agosto, comezará ás 21:30 horas (en lugar das 22 horas).
  8. Inscrición no Programa

    Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade. As actuacións con cargo a este convenio irán destinadas ao público en xeral, con acceso libre e gratuíto, até completar o aforamento do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado á agrupación artística e entidade que a acolle. A tal fin, infórmase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata as 13:30 horas do día 12 de xuño do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información, situada na lonxa do Concello, e nas webs municipais www.vigo.org e www.vigocultura.org.
    Impreso solicitude
  9. Proba piloto de reserva de aparcamento en catro colexios para deixar e recoller aos alumnos.

    Ponse en coñecemento do público en xeral que para mellorar o transporte privado de alumnos e aumentar a seguridade do acceso/saída dos alumnos aos centros de ensino de educación infantil, primaria e secundaria existentes na cidade, o goberno municipal entende a necesidade de adoptar inmediatamente medidas concretas. Por todo iso e co fin de conseguir facilitar o acceso dos pais de alumnos ás proximidades dos colexios, a partir do 01 de xuño de 2015, comezará a proba piloto de reserva de aparcamento en catro colexios para deixar e recoller aos alumnos. Estas reservas estarán sinalizadas mediante sinal vertical S-17 con praca complementaria onde indicanse as condicións da reserva. Os colexios participantes na proba piloto e os horarios da reserva son: 1. Compañía de María Enseñanza: Colmeiro Laforet: 8:30-9:30. 2. Marista El Pilar: Venezuela: 8:15-9:15/13:30:14:30. 3. Escultor Acuña: A Estrada: 8:30-9:15/13:30-14:15. 4. Lope de Vega: Emilia Pardo Bazán: 8:30. Solicítase a máxima colaboración cidadá.
  10. Novo sistema de presentación telemática de proxectos técnicos en formato dixital

    O Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, impulsa a Plataforma de Edición de Proxectos, perfeccionando o uso dos trámites telemáticos. Esta ferramenta axiliza a presentación telemática de proxectos técnicos en formato dixital. Presentación do proxectoA descarga da aplicación e o Manual de usuario da Plataforma está a disposición dos cidadáns na páxina web de urbanismo
  11. Primeiro programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais

    Primeiro programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública, e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana. Poden presentar propostas as persoas propietarias, asociacións veciñais, culturais, sociais, sociedades e, en xeral, calquera persoa interesada. Cando as propostas veñan subscritas polas persoas propietarias dos inmobles deberán xuntar título de propiedade e autorización da comunidade de propietarios que se inclúe como ANEXO I. Durante este mesmo prazo, as institucións educativas interesadas en participar no programa, colexios e institutos, achegarán solicitude de participación que se relaciona como ANEXO II. Os artistas ou grupos de artistas relacionados coa creación artística contemporánea local, interesados en participar no Programa, poderán achegar en calquera momento xustificación da súa traxectoria profesional. As bases do programa, nas que se atopan os anexos referidos, e o plazo de presentación publicaranse próximamente no apartado de Convocatorias e Subvención da sede electrónica. As propostas irán dirixidas á Concellería de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Casa do Concello, Praza do Rei, 1, 36202 Vigo.
  12. Reparto gratuíto dos libros Toponimia do Val do Fragoso

    Pódese recoller un exemplar deste libro: Toponimia do Val de Fragoso: Lavadores (autor Iván Sestay).no Servizo de Normalización Lingüística, na 1ª planta da Casa do Concello na Praza do Rei, número 1.
  13. Convocatoria de axudas para realizar a ITE correspondente ao ano 2014

    O martes 30 de decembro de 2014 rematará o prazo de presentación de solicitudes da Convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización do informe da ITE correspondente ao ano 2014 (edificacións construídas en 1983). Máis información
  14. Efectos das Comunicacións Previas a Urbanismo

    Nota informativa: Efectos das comunicacións previas a urbanismoMáis información sobre as comunicacións previas
  15. Exposición pública ordenanzas fiscais e prezos públicos 2015

    Exposición pública da aprobación provisional das seguintes ordenanzas fiscais e prezos públicos 2015

Siguenos en la web

facebook Twitter google rss
Comparte en:
SS Admon AEAT xunta Vigo

Inicio de Sesión

rande large

Localización