Igape

Igape, Instituto Galego de Promoción Económica
  1. A Xunta recoñece o traballo de seis centros de ensino no concurso Eduemprende Idea 2020

    O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar así o emprendemento. Resultaron premiados equipos de Pontevedra, Lugo, A Coruña e Vigo, que recibirán en total 12.000 euros e poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico do Igape.

  2. A Xunta defende a transformación dixital e a modernización do tecido industrial como eixos das propostas galegas para optar aos fondos Next Generation

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no Forum El Comercio: a oportunidade dos fondos europeos para Asturias. Destaca que o Goberno galego segue a traballar para que estes recursos promovan a transformación económica en Galicia mediante a posta en marcha de proxectos que tamén impulsen a transición enerxética e a cohesión social e territorial.

  3. A Xunta salienta a transformación dixital e a economía circular como motores do desenvolvemento económico e social

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital Anticipando Davos. O Gran Reinicio para a empresa, organizado en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Destaca a necesidade de seguir apostando pola colaboración público-privada, o emprendemento e a transición ecolóxica para facer fronte á situación creada pola pandemia da covid-19. Resalta tamén o impulso do Goberno galego á dixitalización, a innovación e a Industria 4.0, impulsadas mediante o Plan de reactivación e dinamización, dirixido especialmente ás pemes.

  4. A Xunta apoia 144 proxectos de mellora da competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

    As axudas aprobadas na segunda convocatoria desta liña van mobilizar 530.000€ achegando repostas ao tecido empresarial sobre como afrontar o novo contexto económico provocado pola covid-19. As pequenas e medianas empresas poden solicitar ata final de ano os servizos de asesoramento especializado en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

  5. A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través da internacionalización dixital

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración coa plataforma exportadigital.es. Responsables dos departamentos de vendas de empresas líderes en comercio dixital e do Clúster da Función Loxística de Galicia expuxeron as claves para avanzar neste eido.

  6. A Xunta reitera o seu apoio ao fortalecemento da presenza das empresas galegas nos Estados Unidos

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do X Foro Empresarial España-Estados Unidos, organizado pola Cámara de Comercio España-EEUU en Nova York en colaboración coa Cámara da Coruña. Subliña que as pemes deben apostar polas novas canles de comercialización para incrementar a súa presenza exterior no novo contexto socioeconómico. A Administración autonómica demostra o seu compromiso coa internacionalización do tecido empresarial co reforzo e a redefinición dos programas Galicia Exporta e Foexga, especialmente no eido dixital.

  7. A Xunta impulsa a Industria 4.0 entre as pemes de Ferrolterra, Eume e Ortegal para reforzar o tecido produtivo do norte da Coruña

    O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación en liña do programa Ecosistema 4.0, promovido en colaboración coa Confederación de Empresarios desas comarcas. A iniciativa inclúe servizos de formación, diagnósticos individualizados e  recomendacións de mellora co obxectivo de potenciar a implantación da nova industria e a dixitalización.

  8. A Xunta salienta a contribución do emprendemento galego ao avance industrial e a creación de emprego na automoción

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na xornada de avaliación dos 13 proxectos que optan a ser impulsados pola High Tech Auto. As iniciativas presentadas abarcan o deseño de produtos, o desenvolvemento de solucións específicas para vehículos conectados e novas formas de comercialización, entre outras propostas. A incubadora está promovida polo Goberno galego e Zona Franca de Vigo para favorecer a transferencia de tecnoloxía entre os ámbitos académico e tecnolóxico e o tecido industrial e impulsar programas innovadores vinculados á Industria 4.0. Complementa a Business Factory Auto, que vén de pechar a convocatoria da quinta edición con récord de proxectos candidatos.

  9. A Xunta destaca o papel imprescindible da biotecnoloxía galega como motor de competitividade na nova economía

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial Biotecnoloxía. Do descoñecemento (social) á necesidade (colectiva). Puxo en valor o apoio do Goberno galego ao sector a través da Estratexia de consolidación da biotecnoloxía 2021-2025, aprobada co obxectivo de maximizar o seu potencial a nivel internacional e transformar outros eidos produtivos. Salienta tamén a aposta pola dixitalización, a innovación e a Industria 4.0, impulsadas mediante o Plan de reactivación e dinamización, dirixido especialmente ás pemes.

  10. A Xunta subliña a necesidade de seguir impulsando a dixitalización e a automatización dos procesos para afrontar os novos retos económicos

    O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nas I Xornadas dixitais sobre tecnoloxías e solucións para a automatización (Digital JAI'2020). Destaca que o Goberno galego traballa para intensificar as transformacións tecnolóxicas entre o tecido produtivo galego e lembra as medidas incluídas no Plan de recuperación e dinamización económica. Apunta á colaboración entre empresas, centros de coñecemento e a Administración para atopar solucións ás exixencias actuais de produción e comercialización.

Siguenos en la web

facebook Twitter google rss
Comparte en:
SS Admon AEAT xunta Vigo

Inicio de Sesión

rande large

Localización